Neste primeiro programa de LibreOffice Podcast, Italo Vignoli e Mike Saunders, da The Document Foundation, a organización sen ánimo de lucro detrás de LibreOffice, falan sobre o marketing do software libre e de código aberto (FOSS). O vídeo tamén está dispoñible en PeerTube.

O podcast transmite unha mensaxe de transparencia, comunidade e compromiso co software libre e a privacidade do usuario.
Estos foron os temas principais dos que falaron no programa sobre marketing:
– Historia e Marketing de Software Libre. Italo Vignoli compartiu a súa experiencia desde 2004, comezando con OpenOffice, explicando os desafíos iniciais de promocionar software gratuíto. Nos primeiros anos, o principal reto era convencer aos usuarios de que un software gratuíto podía ser de calidade.
– Privacidade e Datos de Usuario. Enfatizaron a política de non recollida de datos de LibreOffice.
– Desafíos de Marketing. Dependen dunha comunidade global de voluntarios para promocionar o software. Recoñecen a importancia de adaptar o marketing a diferentes culturas e idiomas.
– Comunidade e Contribución. Destacaron que LibreOffice está dispoñible en 120 idiomas, potencialmente accesible para 5.500 millóns de persoas. Animaron aos usuarios a contribuír, enfatizando que non é necesario ser técnico para axudar. Italo Vignoli, de 70 anos e con formación en humanidades, é un exemplo de que calquera pode involucrarse.
– Futuro do Proxecto. Queren medrar no alcance do marketing e na implicación comunitaria.
