A Rust Foundation, fundación sen ánimo de lucro encargada da linguaxe de programación, lanzou un programa de axudas para a comunidade (Community Grants Program).

O programa de axudas é para proporcionar fondos á comunidade encargada do desenvolvemento da linguaxe de programación, cos obxetivos:
– Apoiar e recompensar aos mantedores de Rust recoñecendo o seu labor.
– Apoiar e facer crecer a comunidade de usuarios de Rust.
– Apoiar a achega de innovacións ao propio Rust.
O programa conta para o ano 2022 cun orzamento de 625.000 dólares grazas ás achegas económicas de Amazon Web Services (AWS), Huawei e Google.
