Do 6 ao 27 de febreiro, en horario de 12.00 a 13.00 horas, impartirase un curso online de “Programación con Scratch” dirixido a nenos e nenas entre 8 e 13 anos, na Aula CeMIT de Cuntis.
Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab. A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código.
As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos. As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.
Unha maneira de empezar a usar o programa en clase, é aprender baseándose en retos con xogos e pequenos proxectos, onde os nenos poidan desenvolver a súa creatividade. A través de titoriais do MIT, pódese aprender desde cero a programar con Scratch, utilizando a guía de iniciación creada polo mesmo Instituto.
