Mancomún

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Agosto

Luns, 29 Agosto 2022
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Agosto

Xa está publicado o número 97 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Agosto.

logo

O proxecto destacado deste mes é un conxunto de ferramentas para a construción de portais web que empregaron por parte da Oficina Checa de Telecomunicacións que está baseada en Bootstrap e Vue.js.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous capítulos de Mancomún Podcast e unha pílula sobre aplicacións libre para Android, a publicación dos finalistas do EU Datathon de 2022 ou algúns eventos que terá lugar proximamente.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal