Mancomún

Publicado o Boletín de Software Libre de Mancomún de Novembro

Mércores, 4 Decembro 2024
Publicado o Boletín de Software Libre de Mancomún de Novembro

Todos os interesados en manterse ao día sobre as últimas novidades e recursos no ámbito do software libre e da cultura libre, poden recibir información directamente no seu correo. No pé do portal de Mancomún atoparedes o botón para subscribirse ao noso boletín sobre software libre.

O boletín inclúe contidos variados e relevantes, que abarcarán unha ampla gama de temas, como son:

– Eventos. Información sobre cursos, obradoiros, conferencias, charlas e xornadas relacionadas co software libre.

– Mancomún Podcast. Episodios sobre diversos temas de interese para a nosa comunidade.

– Artigos TIC. Análise sobre ferramentas libres para empresas e proxectos libres relacionados coa IA.

– Vídeos sobre ferramentas libres. Tutoriais e demostracións de software libre en acción.

– Entrevistas a membros da comunidade de software libre.

– Hardware libre. Novidades e recursos sobre dispositivos e sistemas abertos.

– Noticias relacionadas coa administración. Actualizacións sobre políticas e iniciativas relacionadas co software libre.

– Novas sobre o sector empresarial. Casos de éxito e innovación no uso de software libre na empresa.

Non deixes pasar a oportunidade de recibir toda esta información de primeira man.

captura da caixa de subscrición do boletín

Simplemente preme no botón de subscrición que atoparás no pé do portal de Mancomún.

Únete a nós e colabora na difusión do software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal