Mancomún

Publicado o Libro de Resumos da XI Xornada de Usuarios de R en Galicia

Xoves, 14 Novembro 2024
Publicado o Libro de Resumos da XI Xornada de Usuarios de R en Galicia

A XI Xornada de Usuarios de R en Galicia tivo lugar o día 24 de outubro de 2024 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

cartel da XI Xornada de usuarios de R en Galicia

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluíu relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Foi publicado o “Libro de Resumos” desta xornada de 2024 na web do evento.

Portada do libro de resumos

O programa contemplou vinte relatorios ao longo de todo o día. O evento contou con participantes destacados do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), da Xunta de Galicia, así como do Instituto Galego de Estatística e das tres universidades galegas ou da Universidad Carlos III de Madrid. Tamén participarán académicos de universidades internacionais, como a Universidad Cooperativa de Colombia, Universidade Federal Fluminense (Brasil) e da Academia da Força Aérea (Brasil), así como un profesor de Ensino Medio do IES Pedra da Auga en Ponteareas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal