A AMTEGA celebrou o día 20 de xuño na sala Eisenman da Cidade da Cultura, unha xornada de presentación das iniciativas en materia de Inner Source que porá en marcha nos próximos meses.
Nesta xornada presentouse ao tecido empresarial galego as vantaxes do emprego de técnicas de Inner Source así como as iniciativas que a Axencia porá en marcha para axudar á súa adopción. A xornada contou co respaldo da fundación internacional InnerSource Commons, coa que a AMTEGA vén traballando conxuntamente para a elaboración destas iniciativas.
 
					 
		 
			
 
			 
				