A aula CeMIT de Ribeira abre o prazo de inscrición para o curso de “Retoque de imaxes con Gimp”, que terá lugar do 19 de abril ao 26 de maio, os martes e xoves en horario de 9.30 a 11.00.
GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.
A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.
GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.
Inscrición
As persoas interesadas poden anotarse na aula CeMIT de Ribeira (teléfono: 981 876 043 / correo electrónico: cemit.ribeira@xunta.gal) ou vía web na páxina da aula.
