Slimbook xa figura entre os patrocinadores de alto nivel do proxecto KDE, segundo contaron no comunicado publicado por KDE.
Aleix Pol, presidente de KDE, comentou sobre isto:
“A atención de Slimbook cara aos usuarios de FOSS como provedor de hardware é moi importante para KDE e a comunidade en xeral. Para KDE, poder ir máis aló da experiencia do software a solucións tanxibles e integradas de maneira adecuada foi un soño feito realidade. Traballar xuntos en diferentes colaboracións ao longo dos anos foi realmente emocionante e esperamos seguir facéndoo con Slimbook como patrocinador”
Slimbook colabora con diversas iniciativas, tanto cedendo espazos para organizar talleres, como axudando a financiar eventos como a Akademy.
