Makers Lugo retoma a actividade en formato online. Como primeira actividade online, van a realizar o taller de hebocon, o día 6 de febreiro de 11:00 a 13:00, que tiñan previsto realizar no Arduino Day Lugo 2020 pero fora cancelado.
Nesta primeira actividade van a participar as persoas inscritas para o Arduino Day Lugo 2020, no seu momento. O resto de persoas interesadas poderán asistir a este taller como espectadores.

Kit do robot para hebocon
Os kits enviaranse por correo aos participantes deste curso, e montaranse os robots no taller virtual. O día do taller pola maña actualizarán a web do evento, poñendo o enlace para acceder ao taller online.
