O 21, 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira edición do maior hackathon estudantil de Galicia, HackUDC, na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. Organizado por GPUL, asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre.

Durante o hackatón deberase desenvolver un proxecto en 36 horas, baseado nas ideas que propoñen os patrocinadores ou facer algo completamente diferente co teu equipo de ata 4 hackers.
O evento terá lugar durante tres días, comezando o venres e rematando o domingo coa entrega de premios.
Software libre
O único requisito para os proxectos é que teñen que ser publicados baixo unha licenza de software libre.
Durante o evento, as empresas patrocinadoras root e admin propoñerán retos para os proxectos. Cada reto terá un premio. Máis de 3000 € en premios.
Os participantes terán todo o que precisen durante o evento: comidas, duchas, snacks… Todo totalmente gratis.
 
					 
		 
			
 
			 
				