Despois dun período de inactividade no podcast de KDE España, volven cun tema moi interesante, o proxecto KDE Eco. Neste programa entrevistan a Aleix e David Marzal, para que conten de que vai este proxecto e a súa opinión en varios temas de actualidade.

KDE Eco
KDE Eco – Creando software libre enerxéticamente eficiente. KDE apoia os programas FEEP e BE4FOSS para axudar ás comunidades de código aberto e libre a producir software máis respectuoso co medio ambiente. Os proxectos proporcionan ás comunidades directrices e apoio para optimizar o software para que sexa máis enerxéticamente eficiente e teña unha vida útil máis longa.
Fagamos que o software enerxéticamente eficiente e a sustentabilidade dixital sexan parte da nosa comunidade! Podemos estar á altura da nosa responsabilidade por medio de e as futuras xeracións!
Proxecto de Eficiencia Enerxética FOSS (FEEP)

FEEP está a desenvolver ferramentas para mellorar a eficiencia enerxética no desenvolvemento de software libre de código aberto. O deseño e a implementación do software teñen un impacto significativo no consumo de enerxía dos sistemas dos que forma parte. Coas ferramentas adecuadas, é posible cuantificar e reducir o consumo de enerxía. Esta maior eficiencia contribúe a un uso máis sostible da enerxía como un dos recursos compartidos do noso planeta.
Blauer Engel para FOSS (BE4FOSS)

En 2020, a Umweltbundesamt («Axencia Alemá do Medio Ambiente») publicou os criterios de adxudicación para obter a ecocertificación coa etiqueta Blauer Engel para software de escritorio. As categorías para a certificación inclúen a eficiencia enerxética, a prolongación da vida útil do hardware e a autonomía do usuario, encaixando todas á perfección co software libre de código aberto.
O proxecto BE4FOSS avanza na ecocertificación de software eficiente na comunidade FOSS. A obtención da etiqueta Blauer Engel conleva tres pasos: (1) MEDIR, (2) ANALIZAR e (3) CERTIFICAR.
– MEDIR en laboratorios especializados, como o de KDAB Berlín
– ANALIZAR utilizando ferramentas estatísticas, como ÓSCAR (Open source Software Consumption Analysis in R)
– CERTIFICAR mediante a presentación do informe sobre o cumprimento dos criterios Blauer Engel
Vantaxes de obter a ecoetiqueta:
– Recoñecemento por alcanzar altos niveis de deseño de software respectuoso co medio ambiente
– Diferenciar o software libre das alternativas
– Aumentar o atractivo da adopción para os consumidores
– Promover a transparencia da pegada ecolóxica do software
