Hai pouco máis de dous anos, a xente de Thunderbird anunciara os seus plans de traer Thunderbird a Android tomando baixo a súa responsabilidade o desenvolvemento de K-9 Mail:
“A viaxe durou un pouco máis do esperado, e houbo moito que aprender polo camiño, pero finalmente chegou o momento. Estamos emocionados de anunciar que a primeira versión estable de Thunderbird para Android xa está dispoñible, e non poderiamos estar máis orgullosos deste novo integrante da familia Thunderbird.”

Thunderbird para Android ten a súa propia sección nos foros oficiais de Mozilla Support (SUMO). Atopa a axuda que necesitas para configurar e utilizar o novo Thunderbird nun sitio accesible para móbiles.
Tanto se estás importando información de K-9 Mail como de Thunderbird no escritorio, podes transferir os teus datos de forma rápida e sinxela coa nosa guía. Thunderbird para Android funciona en dispositivos móbiles con Android 5 ou superior.

Podes descargar Thunderbird para Android nos seguintes lugares (a dispoñibilidade en F-Droid chegará pronto):
– GitHub Releases (apk)
– A web de Thunderbird (para dispositivo Android)
Thunderbird para Android medra grazas ao apoio da comunidade, e ti tamén podes ser parte dela. Estamos agradecidos con todos os que doan o seu tempo e habilidades para responder preguntas de soporte, probar versións, traducir e moito máis. Descobre todas as formas de colaborar.
Dependemos ao 100% das doazóns. A túa achega permítenos desenvolver novas apps (coma esta!), mellorar a velocidade e estabilidade, promover Thunderbird e o software libre, e ofrecer descargas gratuítas a millóns de persoas. Podes doar a través da nosa web ou na propia aplicación.
Sabemos que tes grandes ideas para futuras funcionalidades. Podes compartilas en Mozilla Connect, onde a comunidade pode votar e comentar. O noso equipo utiliza este feedback para axudar a definir o noso roadmap.
