Nova versión do navegador Tor Browser, a 12.0. Tor é unha rede de túneles virtuais que permite mellorar a túa privacidade e seguridade na internet.
Nesta nova versión destacan as compilacións para dispositivos con chips Apple Silicon e o soporte multilinguaxe.

Novidades: base de código en Firefox 102 ESR, rama estable tor 0.4.7.12. Na versión para Android, o modo HTTPS-Only está habilitado de forma predeterminada. Nas versións de escritorio, habilitouse un modo similar na última versión importante.
Mellora do mecanismo de recheo ao redor do contido da páxina web para bloquear a identificación por tamaño de xanela. Pódese deshabilitar o formato de pantalla ancha para páxinas confiables, entre outras.
