Comezamos co primeiro dunha serie de 3 webminars introdutorios a Inner Source. A cargo de Daniel Izquierdo, actual presidente da InnerSource Commons Foundation, repasaremos os aspectos clave a ter en conta á hora de implantar os conceptos de Inner Source na nosa empresa ou organización.

Data e hora: 27 de Xuño ás 10:00 horas
Duración: 1 hora aproximádamente
Sala: Faladoiro de Mancomún
Inscrición
É necesaria facer a inscrición previa, a través deste formulario.
Sobre Inner Source
Pódese definir o concepto Inner Source como a aplicación das mellores prácticas de desenvolvemento de software, que se dan nos proxectos de software libre, ao ámbito interno dunha organización. O software resultante de cara a fora pode ser software libre ou seguir sendo software privativo, pero dentro dos límites internos da organización os procesos de desenvolvemento son abertos, seguindo a filosofía dos proxectos de software libre.

O principal motivo para adoptar estas prácticas é que está altamente contrastado que o modelo de desenvolvemento do software libre facilita a innovación e a alta calidade no software. Son numerosos os exemplos de entidades de todo tipo que xa adoptaron esta iniciativa con excelentes resultados, empresas tecnolóxicas, entidades bancarias, empresas do sector da automoción ou grandes multinacionais de sectores non tecnolóxicos pero que desenvolven o seu propio software.
 
					 
		 
			
 
			 
				