A WordCamp Vigo 2024 terá lugar os días 24, 25 e 26 de maio.
Fai a túa marca visible en toda a comunidade WordPress e dálle un papel protagonista na primeira WordCamp que celebramos en Vigo.
Vén axudarnos e participa na comunidade WordPress de forma activa. Si, hai que traballar, pero… ¡o bo rollo e as risas están aseguradas!

Programa
Venres 24 de Maio
Desenvolverase un taller sobre a creación dunha páxina web para unha ONG de Vigo (por definir). Este taller está aberto a todas as persoas que desexen asistir, con preferencia a estudantes e persoas desempregadas.
O obxectivo, máis alá da acción social, é dar a oportunidade de coñecer WordPress a persoas ás que lles poida abrir portas laborais.
Varios profesionais coordinarán os grupos de traballo ao longo de todo o día. A web entregarse á ONG de forma gratuíta.
Sábado 25 de Maio
Día de charlas
Especialistas en diversas temáticas afíns ao mundo do desenvolvemento web, o marketing e o deseño ofrecerán 28 charlas sobre estes temas, dende as 9h ata as 20h.
Durante o programa, realizaranse pausas para o almorzo, a cea e o café da tarde, todo incluído co prezo da entrada.
Domingo 26 de Maio
Organizaranse mesas redondas lideradas por profesionais de WordPress, nas que se fomentará o traballo colaborativo e a participación en beneficio da comunidade WordPress. É un día para ‘devolver a WordPress todo o que nos dá’.
Está previsto organizar mesas sobre tradución, soporte, comunidade, vídeo, documentación e deseño, para fomentar o traballo e impulsar a captación de novas axudas.
Onde é o evento?
Esta primeira WordCamp de Vigo celébrase no Palacio de Congresos Mar de Vigo. Non eliximos este sitio por casualidade.
O Mar de Vigo é un dos principais espazos para eventos da cidade, pero é máis que iso. Está ubicado nun lugar privilexiado, a só 5 minutos a pé do centro e fronte ao porto, en plena Avenida Beiramar. Dende alí poderás desfrutar de unhas impresionantes vistas á ría.
