Mancomún

XI Xornada de Usuarios de R en Galicia

Luns, 5 Agosto 2024
XI Xornada de Usuarios de R en Galicia

A XI Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 24 de outubro de 2024 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

XI Xornada de Usuarios de R en Galicia

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Call For Papers

Se queres presentar un relatorio á XI Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo dentro das datas que se especifican a continuación. Todos os resumos deben enviarse utilizando o botón que figura enlazado no fondo da páxina e cumprir os seguintes requisitos:

– Deberá empregarse o modelo definido pola organización (dispoñible en formato ODT e en formato TEX).

– Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.

– Os traballos deben enviarse en formato pdf.

– Os ficheiros dos resumos nomearanse do seguinte xeito:
“XI_XornadasR_Apelido.pdf”

onde “Apelido” debe ser o da persoa que realice a presentación.

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.

Datas importantes

Envío de resumos: 30 de setembro

Avaliación de resumos: 7 de outubro

Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da Xornada, que estará dispoñible nesta mesma web.

cartel da XI Xornada de Usuarios de R en Galicia
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal