En colaboración coa comunidade de usuarios de Godot Engine en Galicia, a Asociación Galpón está a organizar unha xornada de encontro, con obradoiros e relatorios sobre o motor de xogos libre.

Estamos nos primeiros momentos da organización, polo que aínda non podemos concretar máis datos. Dende Godoteires Galiza están a tentar que veña alguén da Fundación Godot, concretamente Emilio Coppola.
Traballamos sobre a base do seguinte programa:
– Relatorio «Arquitectura para videoxogos RPG en Godot».
– Relatorio «Creación de historias para videoxogos».
– Obradoiro «Godot dende 0».
– Relatorio «Godot tamén fala galego».
Requisitos de asistencia
Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil.
Data: sábado 29 de marzo (pendente de confirmación)
Hora inicio obradoiro: 10:00
Hora remate obradoiro; 19:30
Duración total: 7h 30min (9h 30m incluído o tempo do xantar)
Prazas dispoñíbeis: 40
Lugar: A Industriosa – Rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3 (36205 Vigo, Pontevedra – Galicia)
Inscrición
De balde, é imprescindíbel que vos inscribades. Para inscribirse tedes que ir á nosa páxina de eventos en Mobilizón e anotarvos neste evento, premendo no botón Participa. A data límite será a do 22 de marzo ás 12 da noite, sempre que non se esgoten as parazas antes.
