Organizada polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Emprego e Igualdade, o día 24 de xuño de 9:30 a 13:30 horas terá lugar en modalidade virtual unha xornada sobre Linux hardening.
Nesta xornada verase como facer mais seguro o teu sistema GNU/Linux sexa cal sexa a distribución (Red Hat, SUSE, Centos, Opensuse, Ubuntu, Debian, Arch Linux, Linux Mint…).

O poñente será Alberto García, instrutor certificado en Linux, con mais de 15 anos de experiencia no mundo IT e mais de 10 anos como instrutor en GNU/Linux.
Temario
– Punto de partida
– Principios clave
– Securizando en xeral
– Protección do sistema
– Sistemas de ficheiros
– Instalación mínima
– Parámetros do kernel
– Medidas adicionais
– Módulos PAM
– Limitación de recursos a usuarios
-Límite de acceso ao sistema
– Permisos e variables do sistema
– Securizando BASH
– SELinux
