As Xornadas de SIG Libre, Geotech & Spatial Data Science, celebraranse os días 17 e 18 de setembro de 2025 en Girona.

As Xornadas de SIG Libre son un evento para compartir e intercambiar coñecementos arredor das xeotecnoloxías libres e a ciencia de datos espaciais.
Temas tratados nas xornadas:
– Visualización de datos
– Análise espacial
– Desenvolvemento de software e aplicacións
– Webmapping
– Observación da Terra
– Ciencia de datos
– Xeoestatística
– Datos abertos
Se traballas no ámbito das xeotecnoloxías e da ciencia de datos espaciais e desexas compartir un proxecto, unha solución ou impartir un obradoiro, podes mandar unha proposta ata o 28 de marzo de 2025.
