As “Xornadas de SIG Libre, Geotech & Spatial Data Science” terán lugar o 12 e 13 de xuño de 2024 en Xirona. Un congreso dedicado á programación libre ao redor das Tecnoloxías da Información Xeográfica e da Ciencia de Datos Espaciais.

A convocatoria está aberta para presentar comunicacións, lightning talks ou talleres. Os temas aceptados son:
– Visualización de datos
– Análise espacial
– Desenvolvemento de software e aplicacións
– Webmapping
– Observación da Terra
– Ciencia de datos
– Geoestadística
– Machine learning
– Datos abertos
A data límite para enviar a túa proposta remata o 29 de febreiro de 2024.
Outras datas importantes:
– 13 de marzo: Aceptación das comunicacións, lightning talks e workshops
– 15 de abril: Publicación do programa
#siglibre2024 #geodatascience2024
