Mancomún

Novo obradoiro da Rede de Dinamización no Barco de Valdeorras

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner-rotate.jpgO centro Comarcal do Barco de Valdeorras, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, iniciará o vindeiro mércores día 27 un obradoiro de iniciación ao OpenOffice Impress para a asociación Vagalume.

Con este obradoiro preténdese que os asistentes adquiran uns coñecementos básicos do manexo e funcionamento do OpenOffice Impress, e que poidan facer as súas propias presentacións.

O obradoiro, que será impartido pola dinamizadora do Centro Comarcal de Valdeorras, dará comezo o mércores día 27 do mes de febreiro até o martes día 4 do mes de marzo en horario de 20:00 a 21:00 horas, na aula audiovisual do Concello do Barco de Valdeorras (Praza do Concello nº2)…

Fonte:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal