NUT é un software de nutrición, de balde e código aberto, que rexistra o que comes e analiza as túas comidas para controlar os niveis de nutrientes en termos de valor diario ou DV. A base de datos que inclúe o programa é o estándar que ten o USDA (United States Department of Agriculture) a cal contén 7293 alimentos e 140 nutrientes.
Este software foi escrito para sistemas GNU/Linux, inda que tamén conta cunha versión compilada para MS-DOS. Facendo probas pódese atopar o nivel óptimo xogando coa comida e as cantidades.
Entre as características que inclúe NUT:
- 7293 alimentos e 140 nutrientes – a última base de datos completa do USDA.
- Alimentos fáciles de atopar e engadir ás comidas diarias.
- Configuración dende 1 ata 19 comidas ao día e calquera plan dietético.
- Análise da comida para calquera número de comidas consecutivas.
- Presenta dun xeito sinxelo os resumos do porcentaxe e análise nutriente, incluíndo os ácidos graxos esenciais Omega-3 e Omega-6.
- Suxire os alimentos baseados na dieta actual.
- Pode crear dun xeito sinxelo as bases de datos adicionais para outros membros da familia.
- Permite a memorización de receitas e de comidas frecuentes.
- Funciona en GNU/Linux, Un*x, Windows (DOS).
- …
Máis información do software en: http://www.lafn.org/~av832/
