Mancomún

O 19 de setembro preséntase Molinux 2.2

O próximo 19 de Setembro a Junta de Castilla-La Mancha presentará a última versión do seu sistema operativo libre Molinux 2.2 (Rocinante) dentro da IV Semana do Deseño de Castilla-La Mancha 2006 que se celebra en Guadalajara.

A presentación centraráse nas aplicacións que contén Molinux dende o punto de vista do deseño gráfico e multimedia.

A liberación de Molinux 2.2 foi anunciada onte na web de Molinux. As súas aportacións son unha particular adaptación ao castelán (melloras de tradución, receitas de usuario integradas na axuda do escritorio …) así como a súa presentación modular: versión “xenérica” ou de escritorio clásico, á que se lle poden engadir módulos específicos para usos máis particulares (Educación, Accesibilidade, e Empresas).

Preséntase en forma de “LiveCD instalable” o que permite a súa proba sen necesidade de instalación previa no disco duro ou a súa instalación definitiva para un uso máis continuado.

Fonte: Castilla-La Mancha Innovación

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal