A Wikipedia española recorta terreo ás enciclopedias tradicionais. Nun estudo pormenorizado dos artigos existentes en ámbalas dúas enciclopedias para cada área do saber, comprobouse que a Wikipedia en español ofrece alternativas libres para o 75% dos artigos existentes na enciclopedia Encarta de Microsoft. Ademais a Wikipedia española contén un total duns 268.000 artigos e a Encarta de Microsoft só ten uns 42.000 artigos.
Con respecto á Wikipedia galega, fai pouco celebramos que xa alcanzara os 25.000 artigos e actualmente ten 26.479, colocándose no posto número 39 no ranking por artigos das wikipedias…
Máis información na fonte orixinal en Barrapunto ou nas ligazóns ás estatísticas das Wikipedias:
Lista de Wikipedias e ranking por artigos
Comparativa entre a enciclopedia Encarta e a Wikipedia española
