Un centro de investigación en xerontoloxía da república de Eslovenia está usando Software Libre para a recolección e verificación de información, manter aos seus investigadores e persoal informados constantemente e para a súa web.
O centro usa unha versión personalizada de software MediaWiki. O proxecto ten como obxectivo mellorar o servizo que ofrecen mellorando o acceso á información.
Este foi un dos primeiros proxectos levados a cabo polo centro de Software Libre de Eslovenia (COKS) creado en setembro do pasado ano…
O centro foi creado polo ministro de educación, ciencia e tecnoloxía e prové un punto central de información e contacto para software e servizos en Software Libre. Segundo o seu coordinador, reciben moitas consultas de departamentos técnicos da administración pública para que os axuden a migrar a Software Libre ou a elixir entre unha ou outra aplicación en Software Libre.
Actualmente o centro dirixe un estudo sobre o uso de Software Libre na administración pública en Eslovenia. Espérase que os resultados estean dispoñibles durante este mes de febreiro. Outro estudo sobre o uso do Software Libre no ámbito privado estará dispoñible no mes de marzo.
Fonte:
http://ec.europa.eu
