Mancomún

O Centro Multimedia de Galicia premia a creación de contidos multimedia con aplicacións libres

O Centro Multimedia de Galicia premiou a tres alumnos do seu Programa de Formación 2006-2007 polo seu traballo realizando contidos multimedia a través de aplicacións libres. Natalia Martín Lago, galardoada na sección de deseño gráfico coa súa creación Desde o espazo, realizada co programa de deseño gráfico Gimp; Francisco Javier Barcia Pedreira, que gañou coa súa obra Long way home no apartado de creación vectorial usando o software libre Inkscape, e Paul Rodríguez García, que recibiu o galardón na categoría de animación en tres dimensións polo seu traballo Nave, para o que usou o programa Blender. Os finalistas recibiron un premio en metálico con valor de 330 euros.

Para crear as súas obras, os concursantes usaron as mesmas ferramentas coas que traballaron durante as 30 horas que duran os cursos organizados polo Centro Multimedia de Galicia, a través do programa de formación elaborado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta.

Con estes cursos, o Centro Multimedia pretende encher os ocos que existen na formación regulada de facultades e escolas, e atender a demanda de mozos interesados neste campo sen interferir na educación ofrecida por escolas e facultades. 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal