A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organizou o Concurso Wanted que pretendía que os rapaces se familiarizasen co mundo do Software Libre a través de xogos e actividades lúdicas. Os concursantes tiñan que solucionar unha serie de enigmas, para poder así resolver quen era Tux e o que simbolizaba.Todos os participantes levaron un agasallo, e o vencedor, a maiores, foille entregado un pen USB.
