Mancomún

O futuro de Thunderbird segundo a Mozilla Foundation

Segundo un artigo no wiki oficial da Mozilla Foundation, o futuro do Thunderbird parece que pode quedar desligado da propia fundación Mozilla.
 
Tradución da explicación dos motivos: 
“Mozilla deu soporte a Thunderbird como proxecto desde os comezos da fundación. O resultado é un bo e sólido produto que ofrece unha alternativa en Software Libre de xestor de correo para o computador. Sen embargo, o esforzo no proxecto Thunderbird reduciuse enormemente debido a que o meirande esforzo e a comunidade están enfocados na web; Firefox e o ecosistema arredor del. Como resultado disto, Mozilla non soporta tanto a Thunderbird como a Firefox e non se espera un cambio nesta actitude nun futuro próximo….”
 
Alternativas que suxire a Mozilla Foundation:

“Decidimos (Mozilla Foundation) que debemos atopar un novo modelo organizativo para o Thunderbird; un que permita a comunidade de Thunderbird elixir o seu propio camiño.”
 
“Opción 1. Crear unha organización sen ánimo de lucro análoga á Mozilla Foundation: Thunderbird Foundation. Este modelo probablemente ofrece a máxima independencia para Thunderbird; pero tamén é o que ofrece a organización máis complexa…”
 
“Opción 2. Crear unha nova subsidiaria da Mozilla Foundation para o Thunderbird. Require menos traballo, pero segue necesitando unha nova compañía que siga coa misión da Mozilla Foundation…”
 
“Opción 3. Liberar Thunderbird como un proxecto comunitario como SeaMonkey, é crear unha empresa pequena cos desenvolvedores de Thunderbird que ofreza servizos e consultoría sobre o proxecto así como seguir co seu desenvolvemento. Moitos proxectos de Software Libre usan este modelo, e pode ser moito máis simple e efectivo que a empresa subsidiaria. Sen embargo, crealo desta maneira como unha organización sen ánimo de lucro sería extremadamente difícil…”
 
Comentario final da Mozilla Foundation:
“Aínda non sabemos cal é a mellor opción, e non esperamos escoller sen debatelo pública e abertamente….  Se alguén ten algún comentario, idea -incluso mellor- ou quere involucrarse, por favor, deixade os vosos comentarios na páxina de discusión deste artigo.”
 
Máis información no artigo orixinal:
http://wiki.mozilla.org/Thunderbird:Future_of_Thunderbird
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal