GNU Mailman, o popular software do proxecto GNU para a xestión de roldas de correo terá a súa primeira versión en galego coa saída da versión definitiva 2.1.10 (actualmente esta versión atópase en fase Beta 3).
Esta tradución foi levada a cabo por membros da Oficina de Software Libre da UDC e actualizada e integrada por membros do equipo de Mancomun.org para que deste xeito estea dispoñible para toda a comunidade; feito que ocorrerá cando saia á luz a próxima versión…
Se atopades algún erro na tradución ao galego do Mailman, podedes enviárnolo ao enderezo de correo de Mancomun.org:
mancomun@mancomun.org
