Mancomún

O goberno de Berlín en contra da completa migración ao Open Source

O goberno da cidade de Berlín rexeitou o 3 de maio o plan do Partido dos Verdes para migrar todos os ordenadores a Software Libre. O voceiro do partido, Olaf Reimann, dixo «A cidade perdeu a oportunidade para cambiar a sua área de tecnoloxías da información e fuxir da dependencia de sempre». A maioría dos lexisladores de Berlín queren continuar a actual mistura de software libre e software propietario.

 
Un sistema misturado funciona mellor, dixeron os delegados. A completa migración podería ser tamén demasiado custosa, dixeron, acorde ós novos informes. O Partido dos Verdes basea os seus plans sobre un estudo encargado por eles dos efectos do emprego de software libre no sector público da cidade de Berlín. O devandito informe, elaborado polo profesor Bernd Lutterbeck da Universidade Técnica de Berlín, afirma que o goberno local podería reducir á metade os seus custos mediante a migración ao Software Libre. Segundo a Corporación Internacional de Estatística, a administración berlinesa emprega preto de 60.000 ordenadores e gasta uns 250 millóns de euros ó ano en tecnoloxías da información.
 
Fonte: IDABC
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal