Mancomún

O Goberno de Croacia adopta unha política de Software Libre

O 12 de Xullo, o Goberno de Croacia aprobou o documento oficial chamado: “Camiños para o desenvolvemento e uso dos programas de fonte aberta en Organismos e Instuticións do Estado” (Directions for Development and Use of Open Source Code Computer Programmes in Bodies and Institutions of State Administration). 

No documento, o goberno acepta a responsabilidade de desenvolver, preparar e procurar solucións baseadas en software de fonte aberta no desenvolvemento dos sistemas de información dos organismos da administración.

O documento enteiro está dispoñible en formato PDF no web-site da Central National Bureau for e-Croatia.
 
Fonte: see.oneworld.net 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal