Ábrese a 2ª convocatoria para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten material informático en desuso pola Universidade de Vigo, dentro do marco do proxecto GRUVI.
Todo o material doado estará equipado con programas de software libre (sistema operativo, conexión a Internet e aplicacións de ofimática), para o que se disporá de asesoramento no referente á instalación e funcionamento destes programas, por parte das Asociacións da Universidade de Vigo GALPON (Grupo de Amigos de Linux da Provincia de Pontevedra) e GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense).
GRUVI é o proxecto de voluntariado da UVigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), a iniciativa e con coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.
Xorde como resposta á acumulación de residuos informáticos, aproveitables en moitos casos, da nosa Universidade. Tirar ordenadores e outros compoñentes, a parte de supoñer un problema ecolóxico, é tamén unha grande inxustiza social, xa que diferentes colectivos están ás portas de perder o “tren tecnolóxico” e vense afastados da sociedade da información, provocando unha situación que se coñece como fenda dixital.
No proxecto GRUVI colaboran a OSIX, a OMA (Oficina de Medio Ambiente) e a Asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), ademais este ano únese a Asociación GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense)
Máis información:
OSIX –Área de Voluntariado e Participación
Campus de Vigo
Edificio de Deportes, Campus de Lagoas-Marcosende. 36310–Vigo Tlfs.: 986 814060/4035. Fax: 986-814061. Enderezo electrónico: osix@uvigo.es
E.U.E. Empresariais. R/ Conde de Torrecedeira, 105. 36208–Vigo Tel.: 986 814060/3995. Fax: 986 813994. Enderezo electrónico: osix-to@uvigo.es
Campus de Ourense
Edificio Administrativo. As Lagoas. 32004-Ourense. Tfno: 988 387171. Fax: 988 387253. Enderezo electrónico: osix-ou@uvigo.es
Campus de Pontevedra
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación. A Xunqueira, s/n. 36005 – Pontevedra. Tfno: 986 801912 / 2034. Fax: 986 801997. Enderezo electrónico: osix-po@uvigo.es
