O Laboratorio de Software Libre da Universidade de Córdoba celebrou un curso de [[Ruby]] durante o mes de Novembro. Ruby é unha linguaxe de programación de gran potencia e múltiples posibilidades que van desde o desenvolvemento de videoxogos, hasta aplicacións webs, pasando polo scripting.
O curso tivo unha duración de 6 semanas, durante as cales se levou a cabo a creación dun CMS (sistema de xestión de contidos). Agora publican os materiais do curso desde a súa páxina web:
Descarga de materiais do curso de Ruby
O Laboratorio de Software Libre da Universidad de Córdoba é un punto de reunión para alumnos e persoas en xeral que desexen coñecer e perfeccionar os seus coñecementos informáticos desde o punto de vista da distribución de código e coñecemento libre.
