A División de Recrutamentos do Exército turco, que forma parte do Ministerio de Defensa, está a migrar á distribución de GNU/Linux Pardus os seus 4 500 equipos de escritorio e mais de 500 servidores. O proceso de migración comezará en outubro e levará aproximadamente catro meses.
É a migración a Software Libre máis importante de toda Turquía até o de agora. O Ministerio de Defensa estivo a preparar a migración a Software Libre durante máis dun ano. Recentemente decidiu empregar a distribución Pardus desenvolvida polo Instituto Nacional Turco de Electrónica e Criptoloxía (Uekae)…
Para poder facer unha migración sen demasiados problemas, o Ukea traballará con dúas compañías de servizos dedicadas ás tecnoloxías da información. A substitución de sistemas operativos e operacións involucrará oficinas en máis de sesenta cidades.
Cada ano as administracións públicas en Turquía pagan millóns pola adquisición de software; con esta migración, de seguir, reduciranse os custos en licenzas.
Estímase que en Turquía, a distribución de GNU/Linux Pardus, conta con máis de 200 000 usuarios.
