Mancomún

O ministerio de economía italiano confía en Linux para as súas aplicacións máis críticas

O ministerio italiano de economía emprega Red Hat Linux para soportar as súas aplicacións de importancia máis crítica como a web do “Service Personale Tesoro” (SPT). O responsable deste departamento explicou que a fiabilidade de Linux foi un dos puntos decisivos á hora de tomar esta decisión.

As nóminas de máis de un millón e medio de empregados públicos de Italia xestiónanse a través destes servidores e o seu número irá en aumento.

Fonte: Computer Weekly
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal