Mentres que a plataforma de telefonía móbil baixo Linux de Google, Android, acaparaba o centro de atención pública, o xa coñecido Mobile Linux Group empeza a reclamar a atención. O Linux Phone Standards Forum (LiPS), formado polas compañías Orange, France Telecom, MontaVista e Access, completaron a primeira versión da súa especificación de Linux móbil. O grupo xa liberara a metade da especificación no mes de xuño e agora engadiron compoñentes entre os que se inclúen APIs para telefonía, envío de mensaxes, axenda, mensaxería instantánea e funcións de presencia, así como novos compoñentes do contorno de usuario…
