
Xa podes descargar
OpenOffice.org 2.2 totalmente en galego desde o portal de Mancomun.org. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS (tanto para Power PC coma para Intel) na sección de descargas. Se o preferides tamén podedes descargar a
imaxe ISO do CD que contén OpenOffice.org para todas as plataformas ou as
versións anteriores de OpenOffice.org desde a 2.0.
A 2.2, a diferencia das versións anteriores, non ten incorporado por defecto o corrector polo que teredes que descargar o ficheiro
gl_ES-pack.zip desde o portal de Mancomun.org. Despois poderase agregar o dicionario na opción
Ficheiro>Asistentes>Instalar novos dicionarios. O novo dicionario incorpora melloras implementadas polo equipo de Mancomun.org.
A versión galega de OpenOffice.org será unha das poucas que conte cun corrector gramatical do que xa se están a realizar as últimas probas antes do seu lanzamento. Chamarase
Golfiño e tes máis información sobre el no
Wiki de Mancomun.org.
OpenOffice.org coa interface e a axuda en galego está tamén dispoñible nos repositorios oficiais das diferentes distribucións de GNU/Linux.