Despois da migración a GNU/Linux do parlamento francés, agora tócalle a vez ao parlamento italiano. A
migración afectará a uns 3500 computadores, tanto de uso individual como servidores, e os deputados tamén poderán pedir que se lles migre os seus computadores persoais a Software Libre.
A toma desta decisión estivo motivada por varias razóns:
- A primeira é que permitirá aforrar máis de 3 millóns de euros en licenzas ao ano (o custe anual por cada computador ronda os 900€).
- A segunda é que é un gran paso cara adiante na independencia e liberdade tecnolóxica, escapando do software propietario.
- Hai moitas máis razóns técnicas, pero a máis importante é o nivel de seguridade que o Software Libre dará ao sistema informático do parlamento…
Segundo un artigo do xornal “The Inquirer”, a migración comezará en setembro de 2007 e durará uns dous anos. O sistema operativo elixido será SuSE Linux.
Fonte orixinal:
Treviño’s Blog
