Mancomún

O parlamento portugués unánime en favor dos estándares abertos

O parlamento portugués decidiu por unanimidade a semana pasada facer todos os seus documentos dispoñíbeis en formatos electrónicos. Esta boa nova podería ser aínda mellor se aprobase unha segunda proposta en que se requiría unha migración a unha infraestrutura informática baseada en software libre, que ao final foi rexeitada.

 A resolución, cuxo borrador elaborou Bruno Dias e outros seis membros do partido comunista portugués, foi aceptada despois dun debate o 4 de outubro. «Hai unha urxente necesidade de asegurar unha interoperabilidade e compatibilidade, ambas as dúas agora e no futuro, para permitir o acceso á nosa colección dixital de documentos oficiais e históricos da asemblea». Os sete parlamentarios tamén declararon que o acceso a estes documentos non debería depender de produtos privativos. Estes parlamentarios apoiaron a súa exposición referenciando o parlamento francés que, actualmente, está a migrar a súa infraestrutura informática.

Na resolución final incluíronse varios cambios ao texto orixinal debido ao debate que se produciu na asemblea portuguesa. O borrador estabelecía que todos os PC en uso do parlamento deberían ter aplicacións de software libre instaladas para o procesamento de texto, as presentacións, a navegación web, o correo electrónico e outros usos. Porén, esta iniciativa mudouse para permitirlles aos membros optar por ese software. Tamén se eliminou da resolución a realización dun estudo para unha migración ao software libre de toda a infraestrutura informática, unha posibilidade que a asemblea lusa adiou a súa reconsideración para dentro dun ano.

Ligazón orixinal: idabc

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal