O presidente búlgaro Georgi Parvanov manifestou nunha carta o seu apoio ao Software Libre na conferencia OpenFest que tivo lugar en Sofía este fin de semana. “As tecnoloxías de Software Libre axudan a resolver problemas como os de transparencia e de acceso libre da cidadanía á información”.
“Este acontecemento axudará á popularización do Software Libre en Bulgaria”, escribiu o presidente nunha resposta á solicitude dos organizadores para se converter no presidente de honra da conferencia. “Hoxe en día, é imperativo popularizar o Software Libre e darlle soporte institucional”.
Parvanov tamén declarou que os proxectos de Software Libre deberían ter máis axudas por parte do goberno. “As aplicacións de Software Libre axudan a construír pontes á sociedade dixital”
Ligazón orixinal:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7248/469