Xa pasaron 10 anos desde que un 15 de agosto do ano 97 Miguel De Icaza dixese: «Queremos desenvolver un conxunto completo e libre de aplicacións amigables e de ferramentas de escritorio, similares a CDE e KDE mais baseadas completamente en Software Libre». Foi daquela cando naceu GNU Network Object Model Enviroment, máis coñecido como GNOME.
Desde entón, foi evolucionando xunto con KDE a unha grande velocidade, a aprenderen un do outro até chegar na actualidade a ser un dos mellores contornos de escritorio que podemos achar…
Fonte:
DosBit
