Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
INEO, asociación patronal galega das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación de Galicia, e Conetic, organización que reúne a diversas asociacións empresariais TIC de todo o estado, participan nun programa de inserción laboral dirixido a facilitar a inserción laboral dos desempregados no eido das tecnoloxías da información. Entre outros perfís laborais promovidos polo Proxecto Insertic está o de xestor de redes en Software Libre.
Participan en Insertic asociacións de empresas de Galicia, País Vasco, Navarra e Castilla y León co obxectivo de crear 168 postos de traballo relacionadas coas áreas de desenvolvemento de software, seguridade informática e xestión de bases de datos.
