Mancomún

O proxecto KDE libera a cuarta versión do seu escritorio

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png A Comunidade de KDE vén de anunciar a dispoñibilidade de KDE 4.0.0. Esta significativa versión marca tanto o final do longo e intensivo período de desenvolvemento que leva a KDE 4.0 como o principio dunha nova era.

As bibliotecas de KDE 4 foron obxecto de grandes melloras na maioría de áreas. O framework multimedia Phonon proporciona soporte multimedia independente da plataforma a todas as aplicacións KDE. O framework de integración de hardware Solid fai a interacción con dispositivos (extraíbles) máis fácil e proporciona ferramentas para unha mellor xestión da enerxía. O Escritorio KDE 4 obtivo algunhas novas funcionalidades principais.

O xestor de escritorio Plasma ofrece un novo interface de escritorio, incluíndo panel, menú e compoñentes no escritorio, así como unha función de cadro de mandos. KWin, o xestor de fiestras de KDE, agora permite avanzados efectos gráficos para facilitar a interacción coas fiestras. Moitas das Aplicacións KDE foron melloradas. Melloras visuais mediante o uso de gráficos vectoriais, cambios nas bibliotecas de niveis inferiores, melloras no interface de usuario, nova funcionalidade, ata novas aplicacións. Okular, o novo visor de documentos e Dolphin, o novo xestor de arquivos son só dúas aplicacións que mostran a nova tecnoloxía de KDE 4.0. 

http://www.mancomun.org/images/stories/kde4-efectos.jpg

Efectos de escritorio en KDE 4

 

A Guía Visual de KDE 4.0 proporciona un breve resumo de varias das novas e melloradas tecnoloxías de KDE 4.0. Ilustrada con multitude de capturas de pantalla, lévache a través das distintas partes de KDE 4.0 e mostra algunhas das fascinantes novas tecnoloxías e melloras para o usuario. Comezas coas novas características do escritorio, sendo presentadas despois aplicacións como System Settings, o visor de documentos Okular e o xestor de arquivos Dolphin. Tamén se mostran aplicacións educativas, así como xogos.  

Fonte: KDE

 

Ligazóns con máis información e referencias:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal