O W3C publicou o borrador anticipado do que será a linguaxe de etiquetado para a web, HTML 5. O Grupo de Traballo de HTML está creando o HTML 5 para ser a especificación aberta, libre de dereitos de autor, para o contido e as aplicacións Web enriquecidas.
“Por suposto que o HTML é un estándar moi importante,” comentou Tim Berners-Lee, autor da primeira versión do HTML e Director do W3C. “Estou encantado de ver que a comunidade de desenvolvedores, incluíndo os fabricantes de navegadores, está traballando en conxunto para crear o mellor camiño para a Web”.
Entre as novas características inclúense APIs para debuxar gráficos bidimensionais e formas de incluír e controlar contido de son e vídeo.
