O xoves 16 de agosto comeza, outro ano máis, a Partyfoz 2007, que volve abrir as súas portas para permitir a entrada de todos aqueles aficionados á informática e a tecnoloxía que queiran. GALITE, unha asociación de Foz dirixida a promover o software e a cultura libre e máis o Concello de Foz son organizadores deste evento que durará até o 19 de agosto.
Ademais dos habituais concursos haberá charlas relacionadas co Software Libre.
A web da party é a seguinte http://www.galite.org/partyfoz e nela tamén se atopa dispoñible o cartel da mesma…
Máis información sobre os distintos concursos e eventos na web oficial da party:
http://www.galite.org/partyfoz/
