Mancomún

Obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo por GALPon

Obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo por GALPon
http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngO Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con GALPon, o obradoiro “Introdución ao Software Libre e GNU/Linux” de 30 horas e convalidable por 2 créditos de libre elección.

Neste curso práctico, disporase de 20 computadores con GNU/Linux cos que os alumnos poderán empezar a coñecer este sistema operativo. Inclúense a instalación e configuración dunha sistema completo no computador ademais de traballar con diferentes contornos gráficos como Gnome e KDE.

O prazo para a matriculación vai dende o 15 até o 26 de Outubro e comezará o 29 de Outubro na E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións do campus de Lagoas – Marcosende da Universidade de Vigo, os luns e martes pola tarde…


Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal