A Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria en colaboración con mancomun.org e coa Concellería de Educación do Concello de Ourense oferta os seguintes cursos de formación de carácter gratuíto:
- Introdución ao OpenOffice.org…………………………10 h.
- Bases de datos (OpenOffice.org Base)………………40 h.
- Construción de páxinas web (Nvu)…………………..40 h.
- Contabilidade (Facturalux)………………………………24 h.
O prazo de inscrición é do 26 de xuño ao 16 de xullo. Hai ofertadas 14 prazas e a admisión farase por orden de entrada das solicitudes.
O curso que recolla maior número de inscricións será o primeiro en levarse a cabo. Impartirase no mes de agosto en horario de tarde na Aula de informática do Concello, situada no Campo da Feira.
Para máis información dirixirse á Concellería de Educación do Concello de Ourense situada en Ervedelo nº2, Tfno. 988510802.
