A empresa Igalia S.L. vén de publicar unha oferta de emprego para un Analista/Programador. O posto é para un enxeñeiro en Igalia, traballando en proxectos de Software Libre con perspectiva internacional dende Galicia.
Os requisitos do posto son:
- Bo nivel de inglés.
- Formación académica relacionada coa enxeñería e/ou o software.
- Coñecementos de GNU/Linux, GTK, C, PHP, MySQL, Java, Spring, Hibernate, Mono, …
