OpenBlueLab é un proxecto que ten coma obxectivo desenvolver un ERP web completo dende cero. A peculiaridade deste ERP é que os compoñentes da interface de usuario, os formularios e as interaccións [[Ajax]] do portal constrúense ao voo a partires do modelado UML que describe o sistema de información. Os compoñentes da interface de usuario xéranse dinamicamente, facendo que os datos se cumprimenten sen a necesidade de codificar calquera interacción coa base de datos.
A partires dun modelo UML en formato XMI os xeradores MDA (Model-driven architecture, Arquitectura Conducida polo Modelo) constrúen todos os ficheiros.
MDA é unha metodoloxía de deseño software proposta polo OMG. A idea é que o modelado e definición do sistema se manteña, chegando a un elevado nivel de detalle, sen se decantar por unha linguaxe de programación específica nin por unha plataforma de uso concreta, coas vantaxes asociadas a tal independencia de plataforma e linguaxe. A tradución posterior desta definición MDA a unha plataforma e/ou linguaxe específica faise normalmente con ferramentas automáticas de tradución (xeradores).
Proceso de automatización empregando AndroMDA
Este marco permite centrarse no deseño do sistema de información, xa que os formularios e a arquitectura do portal son xerados automaticamente.
OpenBlueLab é unha solución alternativa, baixo licenza (GNU/GPL), aos principais ERP privativos e está dispoñible para descarga desde a páxina do proxecto e tamén en sourceforge.
